Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2012, da Xerencia do Hospital da Barbanza, pola que se convoca a contratación da explotación da escola infantil de 0-3 anos do Hospital da Barbanza (AB-HBA1-12-002).

O xerente executivo do Hospital da Barbanza, para dar cumprimento aos principios de contratación que lle son aplicables, abre o proceso de recepción de ofertas para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Hospital da Barbanza.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Hospital da Barbanza. Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: Salmón, s/n, Oleiros.

3) Localidade e código postal: Ribeira, A Coruña, 15993.

4) Teléfono: 981 83 43 48.

5) Telefax: 981 83 59 98.

6) Correo electrónico: cbarbanza@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: poderanse recoller ata o último día de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: AB-HBA1-12-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: explotación da escola infantil de 0-3 anos do Hospital da Barbanza.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxanse os pregos.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: Salmón, s/n, Oleiros.

2) Localidade e código postal: Ribeira, A Coruña, 15993.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

CPV (referencia de nomenclatura): 85312110-3.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxanse os pregos.

4. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: véxanse os pregos 5.7.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse os pregos 4.3.1. f), g).

c) Outros requisitos específicos:

d) Contratos reservados: non.

6. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa do Hospital da Barbanza.

2) Domicilio: Salmón, s/n, Oleiros.

3) Localidade e código postal: Ribeira, A Coruña, 15993.

4) Enderezo electrónico: cbarbanza@sergas.es

d) Número previsto de empresas que se pretende invitar para presentaren ofertas (procedemento restrinxido):

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

7. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: publicarase no perfil do contratante. www.sergas.es

b) Localidade e código postal:

c) Data e hora: publicarase no perfil do contratante. www.sergas.es

8. Gastos de publicidade: véxanse os pregos 2.7.

9. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas:

10. Outras informacións:

Ribeira, 28 de maio de 2012

Luis González Taboada
Xerente executivo do Hospital da Barbanza