Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de maio de 2012 pola que se notifica a declaración de caducidade do expediente 107 B 2009/14-0, devolta polo servizo de Correos por resultar o interesado ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 24 de abril de 2012 ditou resolución pola que se declara a caducidade do expediente 107 B 2009/14-0 e o arquivo das actuacións en relación coas obras consistentes na construción nunha primeira fase de catro vivendas unifamiliares e nunha fase posterior outras catro vivendas, pista de tenis e piscina, na Romana, San Pedro nº 14, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Salvador Senra Beltrán, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante o da circunscrición onde o recorrente teña o seu domicilio, á elección deste, conforme o disposto no artigo 14.1, regra segunda, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística