Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012 pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva e por prezo unitario de consumibles para impresoras, polo procedemento aberto, cun único criterio.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: CIXTEC.

2) Enderezo: rúa Domingo Fontán, 9.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4) Teléfono: 981 54 13 37.

5) Telefax: 981 54 12 70.

6) Correo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.cixtec.es

8) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva e por prezo unitario de consumibles para impresoras.

c) Lugar de entrega: o indicado no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de entrega: o indicado no prego de prescricións técnicas.

e) CPV: 30125100-2.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato.

Importe: 118.339,96 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 59.169,98 euros. Importe total: 69.820,58 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

2) Ofertas presentadas a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 24.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: vexa prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro Xeral do CIXTEC.

Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

2) Documentación presentada a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: http://www.xunta.es ou directamente no enderezo http://www.conselleriadefacenda.es/silex

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición:

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– Data: o sétimo (7) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.15 horas.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

10. Gastos de publicidade: os gastos de anuncios correrán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable