Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22144

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Brollón

ANUNCIO sobre solicitude de ampliación de estación de telefonía móbil de Vodafone España, S.A.U.

José Manuel Yánez Santalla, en representación da empresa Vodafone España, S.A.U. solicita desta Alcaldía licenza para ampliación e reforma da estación base para equipos de telecomunicacións, que se situará na parcela 199 do polígono 40 no lugar do Castro- Barxa de Lor, cumprindo o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por prazo de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

A Pobra do Brollón, 7 de maio de 2012.

José Luis Maceda Vilariño
Alcalde