Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22145

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito do solo urbanizable non delimitado 3 (SUND-3) A Torreira-Sarela.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de abril de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito do solo urbanizable non delimitado 3, A Torreira-Sarela, segundo o proxecto presentado por Tabeirós Gestión Global de Inmuebles, S.L. o día 7 de marzo de 2012, con exclusión dos planos 2 e 3.

b) Someter o acordo a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia, e en dous xornais dos de maior difusión na provincia. Durante o citado período, o expediente estará á disposición de calquera persoa que desexe examinalo co obxecto da presentación das alegacións que se estimen pertinentes.

c) Dar audiencia aos concellos limítrofes, simultaneamente e durante o mesmo prazo da información pública, e requirir ás administracións públicas competentes os seguintes informes sectoriais previstos pola lexislación sectorial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia:

– Augas de Galicia.

– Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

– Deputación Provincial (sobre posibles afeccións á estrada AC-404).

Durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.

Ángel Currás Fernández
Alcalde