Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22143

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes na zona M2 do Plan parcial Carballido en Perillo (expediente FG n.º 582).

Por Resolución desta alcaldía n.º 2.037, do 3 de maio de 2012, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes na zona M2 do Plan parcial SUP.1-R Carballido en Perillo.

De conformidade co artigo 86.2 da Lei 9/2002, modificada pola Lei 2/2010, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.00 horas, polo prazo de vinte días, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 15 de maio de 2012.

Ángel García Seoane
Alcalde presidente