Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22142

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de rectificación relativo ao expediente As-26/2012.

Por Resolución do 4 de maio de 2012, rectifícase erro material cometido nos pregos de cláusulas administrativas e técnicas reguladoras do procedemento aberto para a contratación do servizo de mantemento e conservación das instalacións deportivas municipais, nas epígrafes relativas ao tipo de licitación (cláusula 5.ª do prego administrativo) e persoal mínimo (cláusula 4, letra a, do prego técnico).

En consecuencia, rectifícase o anterior anuncio publicado no DOG do 7 de maio de 2012, páxina 17.077, nos seguintes puntos:

Punto 4. Orzamento base de licitación, onde di: 329.531,75 € anuais (IVE incluído), deberá figurar: 338.214,91 € anuais (IVE incluído).

Punto 8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais, deberá figurar: ata as 13.00 horas do día 20 de xuño de 2012.

A Coruña, 14 de maio de 2012.

P.D.
Rosa M.ª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública