Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de stents coronarios para os centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde (MI-SER1-12-014).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1.º Dependencia: Servizo de Contratación.

2.º Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2.º andar.

3.º Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4.º Teléfono: 881 54 27 87.

5.º Telefax: 881 54 27 62.

6.º Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7.º Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 25 de xuño de 2012.

d) Número de expediente: MI-SER1-12-014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de stents coronarios para os centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/20.

d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33184200-5 e 33184300-6.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Criterios subxectivos

Ata 45

Criterios obxectivos

Ata 55

4. Valor estimado dos contratos: 15.876.960 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 7.216.800 euros. Importe total: 7.794.144 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5% do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 25 de xuño de 2012.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1.º Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2.º Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n.

3.º Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, si procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro (4) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde. Edificio administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimoprimeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 18 de maio de 2012.

12. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos