Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22061

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (427/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 427/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba María Cortes Patiño contra a empresa Restaurante Piedra y Agua, S.C. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña, catorce de maio de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Alba María Cortes Patiño, que comparece asistida polo letrado Pedro Trashorras López, e doutra como demandado o Restaurante Piedra y Agua, S.C., que non comparece malia estar citado en legal forma.

Decido que estimando a demanda formulada por Alba María Cortes Patiño contra a empresa Restaurante Piedra y Agua, S.C., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 2.891,04 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtase que contra esta non cabe recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaurante Piedra y Agua, S.C., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de maio de 2012.

O secretario xudicial