Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2012 pola que se fai pública a formalización da contratación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, dun servizo de xestión da calidade para a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (expediente 04/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e de Contratación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro, créase a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia quedará subrogada no momento da súa constitución efectiva en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas dos cales é titular a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: definir a asistencia técnica e os servizos necesarios para a xestión dun servizo de xestión da calidade para a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, que establece as actuacións que responden aos obxectivos estratéxicos de toda a Xunta.

O obxectivo básico do proxecto é analizar as necesidades e situación actual de todas as áreas organizativas da Xunta, co fin de definir e planificar a súa evolución, aliñada coas mellores prácticas e tendencias nos modelos de organización, funcionais e TIC.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 2 de xaneiro de 2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración.

b) Tramitación: anticipada.

4. Valor estimado do contrato: 508.474,58 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 254.237,29 €. Importe total: 300.000,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 13.3.2012.

b) Data de formalización do contrato: 27.4.2012.

c) Contratista: Atos Spain, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 228.814,00 €. Importe total: 270.000,53 € (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do TRLCSP e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do TRLCSP.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2012.

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia