Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 18 de maio de 2012, do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de apertura de expedientes sancionadores 077/12 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que se citan a continuación as notificacións de apertura de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG n.º 210, do 31 de outubro).

N.º de expediente: 077/12.

Denunciada: Comunidade de Montes de Santa María de Alba.

Enderezo: Alba (Pontevedra).

N.º de expediente: 080/12.

Denunciado: Ramón Ruiz Tricio.

Enderezo: r/ Consistorio, 10, 36960 Sanxenxo (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43-1.º, edificio administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 18 de maio de 2012.

Fausto Núñez Vilar
Enxeñeiro xefe do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra