Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2012, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), pola que se anuncia a contratación da subministración de equipamento de servidores, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: CIXTEC.

2. Enderezo: rúa Domingo Fontán, 9.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

4. Teléfono: 981 54 13 37.

5. Telefax: 981 54 12 70.

6. Correo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7. Dirección da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es.

8. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de equipamento de servidores.

c) Lugar de entrega: o indicado no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de entrega: 30 días, como máximo contados desde a formalización do correspondente contrato.

e) CPV: 488220000-2.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato.

Importe: 146.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 146.000,00 euros. Importe total: 172.280,00 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

2. Ofertas presentadas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX): o prazo de presentación rematará ás 24.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro Xeral do CIXTEC.

Enderezo: rúa Domingo Fontán, 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

2) Documentación presentada a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX). Enderezo electrónico: http://www.xunta.es ou directamente no enderezo http://www.conselleriadefacenda.es/silex

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición:

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– Data: o sétimo (7) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.15 horas.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

10. Gastos de publicidade.

Oos gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 euros por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2012.

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable