Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22044

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2012 pola que se acorda a publicación dunha encomenda de xestión do IGVS a concellos con áreas de rehabilitación declaradas.

De conformidade co previsto no artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG n.º 251, do 31 de decembro), dáse publicidade á encomenda de xestión realizada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo a 38 concellos con áreas de rehabilitación declaradas, formalizada a través de convenios de colaboración, coas características e para os concellos que de seguido se relacionan:

Obxecto:

Tramitacións necesarias de tipo técnico referidas ás vivendas acollidas ou que se vaian a incorporar ao Programa Aluga dentro do seu ámbito municipal, taxación de rendas e, se é o caso, comprobación das reformas ou reparacións nas vivendas, e revisión das facturas de obras, no marco do establecido no Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Natureza e alcance:

Encomenda de xestión intersubxectiva ao abeiro do previsto no artigo 9 da Lei 16/2010.

Vixencia:

Desde o 24 de abril de 2012 ata 31 de decembro de 2012 todos os concellos a excepción do Concello de Marín que ten vixencia a partir do 15 de maio.

Finalización anticipada:

1. Por incumprimento total ou parcial.

2. Por mutuo acordo.

Ámbito: todo o concello.

Relación de concellos aos cales se lles encomenda a xestión:

A Coruña:

– A Coruña.

– Betanzos.

– Corcubión.

– Ferrol.

– Mugardos.

– Muros.

– Neda.

– Noia.

– Padrón.

– Rianxo.

– Santiago de Compostela.

Lugo:

– Chantada.

– Lourenzá.

– Lugo.

– Mondoñedo.

– Monforte de Lemos.

– Quiroga.

– Ribadeo.

– Sarria.

– Sober.

– Vilalba.

– Viveiro.

Ourense:

– Allariz.

– Castro Caldelas.

– Celanova.

– Ourense.

– Ribadavia.

– Verín.

– Vilar de Santos.

Pontevedra:

– Baiona.

– Cambados.

– Cangas.

– Marín.

– Poio.

– Pontevedra.

– Tui.

– Vigo.

– Vilagarcía de Arousa.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo