Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 21973

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se executa e desenvolve a disposición transitoria primeira do Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónico no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 2 de abril de 2012 e entrou en vigor o día seguinte ao da súa publicación (DOG núm. 64, do 2 de abril).

A disposición transitoria primeira do dito decreto establece que os expedientes de radiodifusión e televisión en situación de adxudicación provisional no momento da entrada en vigor do decreto transformaranse en licenzas para a prestación do correspondente servizo de comunicación audiovisual de acordo coa Lei 7/2010, do 31 de marzo, xeral de comunicación audiovisual.

Tamén se indica que seguirán sendo exixibles as condicións aplicables aos seus antigos títulos e normativa anterior vixente, para os efectos de posta en funcionamento das instalacións e inicio das emisións.

Neste sentido, polo que respecta ao servizo de comunicación audiovisual de TDT autonómico, o Consello da Xunta de Galicia, na rúa reunión do día vinte e dous de xullo de dous mil cinco, acordou resolver a adxudicación provisional das concesións do servizo público de televisión dixital de cobertura autonómica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Doutra banda, polo que respecta ao servizo de comunicación audiovisual de TDT local, o Consello da Xunta, na súa reunión do día seis de xullo de dous mil seis, acordou a adxudicación provisional do concurso público, polo procedemento aberto, para outorgar, mediante concesión, a xestión indirecta do servizo público de televisión dixital, de cobertura local, segundo demarcacións (DOG núm. 157, do 16 de agosto de 2006).

Os pregos de bases polos que se convocaban os concursos de TDT autonómico e local, no seu artigo 19, relativo á oferta técnica, recollía na súa epígrafe A, Proposta tecnolóxica, que os licitadores debían presentar un calendario detallado do despregamento do servizo e dos investimentos asociados a el. En concreto, as fases do despregamento establecíanse en función dos anos de vixencia da concesión. Tamén na proposta económica os licitadores detallaban o seu plan de negocio a 10 ou 5 anos dependendo do servizo de TDT autonómico ou local, e o programa de investimentos previsto para cada un dos exercicios económicos durante o período de vixencia da concesión. Así mesmo, describían os niveis de emprego permanente e temporal e previsións de crecemento durante os anos de vixencia da concesión.

A mención dos pregos aos anos de vixencia da concesión refírese ao momento do outorgamento da concesión definitiva, polo que os investimentos que debían realizar os daquela concesionarios para o despregamento do servizo xurdirán, conforme o disposto nos pregos, a partir do momento da concesión definitiva.

Dado que antes da transformación das licenzas, en virtude do decreto de radiodifusión, aínda non se outorgara a concesión definitiva, a obriga da realización dos investimentos aínda non se producira. Pero na medida en que esta concesión definitiva xa non se vai outorgar, unha vez producida a transformación en licenzas das adxudicacións provisionais, en canto esta autorización constitúe, a diferenza do réxime xurídico anterior, o título definitivo que habilitaría para a prestación do servizo de comunicación audiovisual de TDT, os prazos para o despregamento do devandito servizo computaranse desde a transformación das adxudicacións provisionais en licenzas.

Por outra banda, desde o outorgamento das adxudicacións provisionais, producíronse determinadas circunstancias e outras incidencias de carácter xurídico que afectan as adxudicacións provisionais outorgadas no seu momento.

Así, o 2 de xuño de 2010, a entidade La Opinión de La Coruña solicitou a renuncia á adxudicación provisional da concesión do servizo público de televisión dixital nas demarcacións de Carballo (TL01C) e Ferrol (TL03C), e o Consello da Xunta de Galicia aceptouno, mediante acordo do día 1 de outubro de 2010 (DOG núm. 212, do 4 de novembro).

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do 22 de outubro de 2009 estimou o recurso contencioso-administrativo interposto por Radio Televisión de Ferrol, S.L., contra o antedito acordo do Consello da Xunta do 6 de xullo de 2006, anulou o mencionado acordo no aspecto relativo á adxudicación para a demarcación de Ferrol e procedeu á adxudicación a favor da recorrente para tal demarcación. A dita sentenza foi obxecto de recurso en casación, polo que as licenzas quedarán condicionadas ao que dite no seu día, mediante sentenza, o Tribunal Supremo.

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do 22 de outubro de 2009 estimou parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L., contra o dito acordo do Consello da Xunta do 6 de xullo de 2006, do que foi impugnada exclusivamente a demarcación de Pontevedra, anulando o acordo do 6 de xullo de 2006, no aspecto relativo ás adxudicacións efectuadas para a demarcación de Pontevedra. A dita sentenza foi obxecto de recurso en casación e está pendente de sentenza do Tribunal Supremo.

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do 19 de maio de 2011 estimou en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por José Manuel Mosquera Mera contra a desestimación presunta do recurso de reposición contra a antedita resolución do 6 de xullo de 2006, e anulou en parte a dita resolución exclusivamente no que se refire ás adxudicacións realizadas na demarcación de Vilagarcía de Arousa a favor de Editorial La Capital, S.L. e Lérez Canal 29, S.L.

Visto todo o anterior e á vista da disposición derradeira terceira, Execución e desenvolvemento, do Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade de Galicia,

RESOLVO:

«Dar publicidade á transformación en licenzas dos expedientes de televisión e radiodifusión en situación de adxudicación provisional, producida coa entrada en vigor do Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se regular o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa disposición transitoria primeira do dito Decreto 102/2012 e que se relacionan nos anexos I, II, III e IV desta resolución.

Os titulares das novas licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva e radiofónica quedan obrigados ao cumprimento do establecido na Lei 7/2010, do 31 de marzo, xeral de comunicación audiovisual, no Decreto 81/2005, do 14 de abril, polo que se regula o réxime xurídico da xestión do servizo público de televisión dixital na Comunidade Autónoma de Galicia, en todo o que non se opoña á Lei 7/2010 e ao Decreto 102/2012, así como ao cumprimento dos compromisos e prazos asumidos inicialmente nas súas ofertas, computándose o prazo para acometer os investimentos aos cales se obrigaron nas súas ofertas a partir da transformación das adxudicacións provisionais en licenzas, en virtude do antedito Decreto 102/2012, do 29 de marzo.

O prazo de vixencia das licenzas é de quince anos contados desde a data de transformación dos seus antigos títulos habilitantes, segundo establece a disposición transitoria segunda da Lei 7/2010, do 31 de marzo, xeral de comunicación audiovisual, por aplicación da disposición transitoria primeira do Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia».

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012.

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios

ANEXO I
Servizo de comunicación audiovisual televisiva de ámbito autonómico

Programa

CIF

Titular

1

A-70045968

Medios Digitales de Galicia, S.A.*

2

A-28281368

Radio Popular, S.A.

(*) A adxudicación provisional recaeu en La Voz de Galicia, S.A. De acordo coa base decimoquinta do prego de bases administrativas e de condicións técnicas do concurso público, polo procedemento aberto, para outorgar, mediante concesión, a xestión indirecta do servizo público de televisión dixital, de cobertura autonómica, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, se prevía a posibilidade de constituír unha nova sociedade. De acordo coa oferta presentada por La Voz de Galicia, S.A., no caso de resultar adxudicataria esta constituiría unha nova sociedade.

ANEXO II
Servizo de comunicación audiovisual televisiva de ámbito local por demarcacións

Prov.

Demarcación

Prog.

Titular

CIF

A Coruña

Carballo (TL01C)

2

Editorial La Capital, S.L.

B15162068

3

Salitre Multimedia, S.C.

J15978554

A Coruña (TL02C)

1

La Opinión de La Coruña, S.L.

B35074681

2

Editorial La Capital, S.L.

B15162068

3

Utega, S.A.

A15766256

Ferrol (TL03C)

2

Editorial La Capital, S.L.

B15162068

3

Radio Coruña, S.L.

B15011950

Ribeira (TL04C)

1

Editorial Compostela, S.A.

A15000391

2

Multimedia de Comunicaciones del Atlántico, S.L.

B15665524

3

Televisión Mancomunidade do Salnés, S.L.

B36223600

Santiago de Compostela (TL05C)

1

Faro de Vigo, S.A.U.

A36600815

2

Editorial Compostela, S.A.

A15000391

3

Compostelavisión, S.L.

B15727167

Vimianzo (TL06C)

1

Editorial Compostela, S.A.

A15000391

Lugo

Chantada (TL01LU)

1

Chantada Comunicación, S.L.

Lugo (TL02LU)

1

Utega, S.A.

A15766256

2

Alternativas de Medios Audiovisuales, S.L.

A84081355

3

Telelugo El Progreso, S.L.

B27198167

Monforte de Lemos (TL03LU)

1

Telelugo El Progreso, S.L.

B27198167

2

Telemiño, S.A.

A32212102

3

TV7 Monforte, S.A.

A27198597

Vilalba (TL04LU)

1

Telelugo El Progreso, S.L.

B27198167

2

TV7 Monforte, S.A.

A27198597

Viveiro (TL05LU)

1

Telelugo El Progreso, S.L.

B27198167

Ourense

O Barco de Valdeorras (TL01OU)

1

Telemiño, S.A.

A32212102

O Carballiño (TL02OU)

1

Telemiño, S.A.

A32212102

Ourense (TL03OU)

1

Faro de Vigo, S.A.U.

A36600815

2

Utega, S.A.

A15766256

3

Telemiño, S.A.

A32212102

Verín (TL04OU)

1

Telemiño, S.A.

A32212102

Pontevedra

Lalín (TL01PO)

1

Editorial Compostela, S.A.

A15000391

2

Multimedia de Comunicaciones del Atlántico, S.L.

B15665524

3

Dezavision, S.A.

A36341436

Ponteareas (TL02PO)

1

Rías Baixas de Producción, Vídeo y Televisión

A36906477

2

Josefa López Pousa

35265572V

Pontevedra (TL03PO)

1

Faro de Vigo, S.A.U.

A36600815

2

Televisión de Pontevedra, S.A.

A36064228

3

Lérez Canal 29, S.L.

B36494227

Vigo (TL04PO)

1

Faro de Vigo, S.A.U.

A36600815

2

Utega, S.A.

A15766256

3

Rías Baixas de Producción, Vídeo y Televisión, S.L.

A36906477

Vilagarcía de Arousa

(TL05PO)

1

Televisión Mancomunidade do Salnés, S.L.

B36223600

ANEXO III
Servizo de comunicación audiovisual radiofónica de titularidade privada
que realicen comunicacións comerciais

Prov.

Localidade

Frec.

Titular

CIF

Pontevedra

Vigo

103.8

La Voz de Galicia, S.A.

A15000649

O Porriño

97.1

La Voz de Galicia, S.A.

A15000649

Redondela

88.7

Uniprex, S.A.U.

A28782936

ANEXO IV
Servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais

Prov.

Localidade

Frec.

Titular

A Coruña

Ames

107.2

Concello de Ames

Arteixo

102.0

Concello de Arteixo

Arzúa

107.4

Concello de Arzúa

Betanzos

107.9

Concello de Betanzos

Carral

102.2

Concello de Carral

Cerceda

107.2

Concello de Cerceda

Fene

107.7

Concello de Fene

Fisterra

107.2

Concello de Fisterra

Laxe

107.8

Concello de Laxe

Melide

107.5

Concello de Melide

Narón

102.4

Concello de Narón

Negreira

107.0

Concello de Negreira

Noia

107.6

Concello de Noia

A Pobra do Caramiñal

107.5

Concello da Pobra do Caramiñal

As Pontes de García Rodríguez

107.5

Concello das Pontes de García Rodríguez

Porto do Son

107.4

Concello de Porto do Son

Ribeira

107.0

Concello de Ribeira

Sada

107.1

Concello de Sada

Santa Comba

107.5

Concello de Santa Comba

Sobrado

107.5

Concello de Sobrado

Teo

107.1

Concello de Teo

Val do Dubra

107.2

Concello de Val do Dubra

Vedra

107.4

Concello de Vedra

Lugo

Cervo

102.1

Concello de Cervo

Foz

107.4

Concello de Foz

Xove

107.7

Concello de Xove

Lugo

107.7

Concello de Lugo

Monforte de Lemos

107.4

Concello de Monforte de Lemos

As Nogais

107.0

Concello das Nogais

A Pobra do Brollón

107.6

Concello da Pobra do Brollón

Sober

107.3

Concello de Sober

O Valadouro

107.6

Concello do Valadouro

O Vicedo

107.1

Concello do Vicedo

Ourense

Allariz

107.8

Concello de Allariz

A Bola

107.0

Concello da Bola

O Carballiño

107.4

Concello do Carballiño

Xinzo de Limia

107.9

Concello de Xinzo de Limia

Xunqueira de Ambía

107.3

Concello de Xunqueira de Ambía

Maceda

107.9

Concello de Maceda

Nogueira de Ramuín

107.2

Concello de Nogueira de Ramuín

Ribadavia

107.5

Concello de Ribadavia

Verín

107.3

Concello de Verín

Pontevedra

Arbo

107.3

Concello de Arbo

Caldas de Reis

107.4

Concello de Caldas de Reis

Cambados

107.9

Concello de Cambados

A Cañiza

107.9

Concello da Cañiza

Crecente

107.1

Concello de Crecente

A Estrada

107.7

Concello da Estrada

A Guarda

107.8

Concello da Guarda

Lalín

107.7

Concello de Lalín

Moaña

107.7

Concello de Moaña

Nigrán

101.8

Concello de Nigrán

Pontevedra

105.7

Concello de Pontevedra

Poio

101.8

Concello de Poio

Ponteareas

98.4

Concello de Ponteareas

Silleda

107.5

Concello de Silleda

Tui

107.4

Concello de Tui

Valga

107.9

Concello de Valga

Vilagarcía de Arousa

99.7

Concello de Vilagarcía de Arousa