De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe do servizo.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura provincial sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4.º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 14 de maio de 2012.
José Luis Rodríguez Fernández
Xefe do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO
Expediente: RQ-2012-031.
Interesado: Antonio González Araújo-Automoción Dena.
Acto notificado: requirimento.