Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición do dereito mineiro 5.254 Manola, sito nos concellos da Veiga e Viana do Bolo.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e o artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5.254.

Nome: Manola.

Tipo de dereito: permiso investigación.

Peticionario: Aproveitamento de Recursos Naturais de Galicia, S.L.

Domicilio: avda. do Bierzo, 80, baixo, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Data de solicitude: 18 de xaneiro de 2012.

Cuadrículas: 51.

Recursos: sección C.

Concellos: Viana do Bolo e A Veiga (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

7º 02’ 00”

42º 12’ 00”

2

7º 02’ 40”

42º 12’ 00”

3

7º 02’ 40”

42º 13’ 00”

4

6º 59’ 00”

42º 13’ 00”

5

6º 59’ 00”

42º 10’ 00”

6

7º 00’ 00”

42º 10’ 00”

7

7º 00’ 00”

42º 12’ 00”

1

7º 02’ 00”

42º 12’ 00”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1, 4.º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 10 de maio de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense