De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa do Paseo, 18, 5.º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Ourense, 9 de maio de 2012.
José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: CAZ-OU-2012-V- (3).
Interesado: Luis Mariño Badiola.
Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento sancionador.