Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

BASES para a concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para mantemento de equipamentos para o exercicio 2012.

Por medio deste anuncio faise público que a tenenta de alcalde delegada da Área de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación, mediante o Decreto da alcaldía número12003839 do libro de resolucións en materia de contratación, fomento do día nove de maio de dous mil doce,

RESOLVEU:

Primeiro. Que se proceda á convocatoria para o exercicio 2012 de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral ou sectorial, e para mantemento de equipamentos de conformidade coas bases establecidas neste procedemento de concorrencia competitiva.

Segundo. Aprobar o gasto de 296.650 € a que ascende o importe total das subvencións que serán outorgados por parte dos servizos e con cargo ás partidas e importes seguintes:

Servizo

Aplicación

Importe

Servizos sociais

23290.48900

28.000 €

Muller

23400.48900

3.000 €

Xuventude

33100.48900

7.525 €

Deportes

34100.48900

132.000 €

Participación cidadá

92400.48900

101.625 €

Cultura

33000.48900

24.500 €

Total

296.650 €

Terceiro. Esta convocatoria rexerase polo establecido nas seguintes bases para a concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para mantemento de equipamentos para o exercicio 2012:

– As solicitudes dos/as interesados/as presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento, a fin de que as persoas interesadas poidan presentar as solicitudes que estimen oportunas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia. O seu texto íntegro publicouse no BOP n.º 111, do día 15 de maio de 2012, así como no taboleiro de anuncios e na paxina web do Concello de Lugo; a publicación no DOG será a data para ter en conta para os efectos de presentación de solicitudes.

Lugo, 15 de maio de 2012.

P.D. (Decreto de Alcaldía 60/2011, do 23 de xuño)
Francisco José Fraga López
Tenente de alcalde Delegado da Área de Servizos Xerais