Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21678

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO sobre solicitude de licenza de construción (expediente 5744/09).

José Mario Quintana García, presentou neste concello co número de expediente 5744/09, solicitude de licenza para a construción dunha nave para explotación de polos, sita no lugar de Froxán, parroquia de Castro, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste Concello e que formulen os interesados as alegacións que se consideren en convenientes.

Lalín, 29 de maio de 2012.

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde