Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21677

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre instalación dunha explotación porcina en Doade (expediente 6843/12).

Luis Vázquez Presas en representación de Trebisqueira, S.C. (exp. 6843/12), presentou neste concello solicitude de licenza para a instalación dunha explotación porcina no lugar de Doade deste municipio.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado durante un prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e formulen os interesados as alegacións que xulguen convenientes.

Lalín, 29 de maio de 2012.

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde