Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21681

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do extracto da convocatoria e das bases de dúas prazas de maquinista-condutor e unha praza de oficial de unidade de mantemento, do cadro de persoal laboral, reservadas a promoción interna.

Anuncio de extracto da convocatoria e das bases xerais e específicas para prover as prazas do cadro de persoal laboral, promoción interna, correspondentes á oferta de emprego para o ano 2011.

Nos boletíns oficiais da provincia de Lugo (BOP) números 070 e 088, do 24 de marzo e 17 de abril de 2012, publícanse a convocatoria e as bases xerais e específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal laboral, promoción interna, correspondentes á oferta de emprego para o ano 2011 que a continuación se relacionan:

Número de vacantes: dúas. Denominación: maquinista-condutor. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo C, subgrupo C2.

Número de vacantes: unha. Denominación: oficial unidade mantemento. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo C, subgrupo C2.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial publicado no BOP número 070, do 24 de marzo de 2012 (páxs. 32, 33 e 34).

Lugar de presentación: rexistro xeral desta entidade ou nos lugares determinados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Dirixiranse ao presidente da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria se publicarán no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación e na páxina web desta corporación.

Lugo, 17 de abril de 2012.

P.D. (Decreto do 16.3.2012)

Juan José Díaz Valiño José Antonio Mourelle Cillero

Deputado Delegado de Cooperación Secretario da Deputación

e Asistencia aos Concellos Provincial de Lugo