Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21683

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto ourensano de desenvolvemento económico - INORDE

ANUNCIO de licitación.

No BOP de Ourense publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da prestación dos servizos denominados: mesón-albergue do complexo da estación de FF.CC. de Vilavella –concello da Mezquita– e mesón-albergue do complexo da estación de FF.CC. de Campobecerros –concello de Castrelo do Val–. As proposicións presentaránse, no rexistro do Inorde, ata as 14.00 horas do vixésimo (20) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións e lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten no rexistro do Inorde, Ourense, rúa Progreso 28 ou por teléfono: 988 39 11 61 e fax: 988 39 19 62 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 28 de maio de 2012.

José Manuel Freire Couto
Presidente do Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico