Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21675

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Catoira

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de barcos.

Servicios Acuícolas Navales, S.L. solicitou desta Alcaldía unha licenza municipal para taller e fabricación de barcos que se situarán na avenida Muíños de Vento, 16, portal 7, e cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Catoira, 7 de maio de 2012.

Alberto García García
Alcalde presidente