Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S. A.

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal desta empresa pública para as categorías profesionais de enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, capataz, xefe de brigada, peón especialista, peón, oficial administrativo e auxiliar administrativo.

O director xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas II, para a selección e contratación de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para as categorías profesionais de enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, capataz, xefe de brigada, peón especialista, peón, oficial administrativo e auxiliar administrativo.

As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi, n.º 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga, (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2012.

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.