Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade, polo procedemento aberto multicriterio, da obra de adaptación da 3.ª planta do edificio en laboratorio de saúde pública en Lugo, cofinanciado nun 80% pola Unión Europea, Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76 (AB-SER3-12-004).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obra: adaptación da 3.ª planta do edificio en laboratorio de saúde pública de Lugo (expediente AB-SER3-12-004).

3. Orzamento total sen IVE: 637.602,28 euros.

4. Orzamento total con IVE: 752.370,69 euros.

5. Prazo de execución: nove (9) meses.

6. Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

9. Forma de tramitación: ordinaria.

10. Exposición de proxectos e pregos.

Os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na copistaría Tórculo, praza de Mazarelos, 14, baixo, 15703 Santiago de Compostela (teléfono 981 58 54 55). Tamén se poderán obter os pregos administrativos desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es

11. Prazo e lugar de presentación de proposicións.

Deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán presentar os licitadores.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares que rexen esta contratación.

13. Criterios de valoración.

Os definidos na cláusula 4.5 e anexo III do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta contratación.

14. Apertura de proposicións.

Os actos públicos de apertura dos sobres B e C terá lugar nas dependencias da Dirección de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es

15. Anuncios.

Os anuncios desta licitación serán por conta do adxudicatario da contratación.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2012.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos