Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de maio de 2012 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 68/2012 no expediente de sancionador 107C 2009/36-0, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de lle dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, en relación co procedemento ordinario número 68/2012, interposto por Laura Campoy Vázquez, contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente sancionador número 107C 2009/36-0, pola que se acorda impoñer unha sanción por infracción urbanística moi grave pola construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Mañente, parroquia de Vilaronte, concello de Foz, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase a A Cheda Inversións, S.L., representada por Germán Aldariz González para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística