Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición do dereito mineiro número 5.244, Antelano, sito no concello de Sandiás (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5.244.

Nome: Antelano.

Tipo de dereito: permiso de investigación.

Peticionario: Áridos Antelanos, S.L.

Domicilio: Vilariño das Poldras, Couso de Limia, 32692 Ourense.

Data de solicitude: 7 de xuño de 2011.

Cuadrículas: 2.

Recursos: sección C.

Concello: Sandiás (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude

Latitude

Pp

7º 45’ 00”

42º 05’ 20”

1

7º 44’ 20”

42º 05’ 20”

2

7º 44’ 20”

42º 05’ 00”

3

7º 45’ 00”

42º 05’ 00”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-4.º, 32003 Ourense, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de maio de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense