Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Begonte (expediente IN407A 2010/170-2, 7736 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Suplusa.

Domicilio social: r/ Santo Domingo, 6-8. 27001 Lugo.

Denominación: subministración eléctrica á área industrial SAU-2 Begonte e ao seu anexo.

Situación: concello de Begonte.

Características técnicas:

• L.M.T. soterrada a 20 kV, con orixe na futura subestación de Begonte e final nunha arqueta denominada A, na cal se realiza un empalme coa L.M.T. soterrada existente que provén do centro de repartición de Rábade, denominada L.M.T. Rábade -Baamonde, cunha lonxitude de 794 metros en condutor tipo R.H.Z.-240.

• L.M.T. soterrada a 20 kV con orixe no C.S. Piensos Falcón, entra e sae no C.T. 1 SAU-2, entra e sae no C.T. 2 SAU-2, entra e sae no C.T. 3 SAU-2, entra e sae no C.S. C.T. Mallo (1277), entra e sae no C.S. C.T. SDF, entra e sae no C.S. C.T. parcela 1 e remata nunha arqueta denominada B, na cal se realiza un empalme coa L.M.T. soterrada existente que provén do centro de repartición de Rábade, denominada L.M.T. Rábade-Baamonde, cunha lonxitude de 1.906 metros en condutor tipo R.H.Z.-240.

• L.M.T. soterrada a 20 kV, (L.M.T. Ribadeo) con orixe na subestación de Ribadeo e final nunha cela de liña do C.T.C. Dompiñor (existente), cunha lonxitude de 1.410 metros en condutor tipo R.H.Z.-240.

• C.T. 1 SAU-2, en edificio prefabricado tipo PFU-4, cunha potencia de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.

• C.T. 2 SAU-2, en edificio prefabricado tipo PFU-4, cunha potencia de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• C.T. 3 SAU-2, en edificio prefabricado tipo PFU-4, cunha potencia de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• C.S. C.T. Mallo (1277) en edificio prefabricado tipo PFU-3, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de seccionamento.

• C.S. C.T. SDF en edificio prefabricado tipo PFU-3, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de seccionamento.

• C.S. C.T. Parcela 1 en edificio prefabricado tipo PFU-3, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de seccionamento.

• R.B.T. soterrada, con orixe nos C.T. proxectados e final nas C.X.P. das parcelas que se van electrificar, cunha lonxitude de 1.070 metros en condutor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 27 de setembro de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo