Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de maio de 2012, do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador PO-RES-2012-001.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4.º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 14 de maio de 2012.

José Luis Rodríguez Fernández
Xefe do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-RES-2012-001.

Interesada: María Esther Campos Leiro.

Acto notificado: acordo de incoación do xefe territorial do 9 de abril de 2012.