Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21457

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública sobre instalación de explotación de porcino na Penela (Pedroso).

Juan Carlos Varela Vázquez, en representación de Gandeiría Casasoa, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalación de explotación de porcino, que se situará na Penela-Pedroso-Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Rodeiro, 23 de maio de 2012.

Luis López Diéguez
Alcalde