Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21456

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de información pública sobre instalación dunha planta satélite de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado en A Braña (Erbecedo).

Unión de Empresas Madereras (UNEMSA), S.A. solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalación dunha planta satélite de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado na Braña, Erbecedo (Coristanco).

En cumprimento do preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do pocedemento administrativo común, ábrese un período de información pública por un prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende establecer poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente atópase na Secretaría deste concello e pode consultarse nas horas de oficina.

Coristanco, 15 de marzo de 2012.

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde