Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21375

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3658/2008).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3658/2008-GZ a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 854/2007 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos por María Ángeles Fernández Crespo e outras contra Fogasa e Lubiáns Tejedor Asociados, S.L., sobre reclamación de cantidade, con data do 30 de abril de 2012 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Matías Movilla García na representación acreditada de Ángeles Fernández Crespo, Vanesa Míguez Agra, Alexandre Charles Henri Muschiato e María Victoria Peña Carreira, contra a sentenza do 24 de marzo de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en autos seguidos por instancia dos recorrentes e Mauricio David Cairo, contra a empresa Lubiáns Tejedor Asociados, S.L., sobre cantidade, debemos revogar e revogamos parcialmente a citada sentenza e, con estimación íntegra da demanda, condenamos a empresa demandada a que lles aboe aos recorrentes as seguintes cantidades, en concepto de salarios do período de aviso previo omitido: a Ángeles Fernández Crespo, 1.063,19 euros; a Vanesa Míguez Agra, 915,42 euros; a Alexandre Charles Henri Muschiato, 1.363,77 euros e a María Victoria Peña Carreira, 915,42 euros, todo isto máis o 10% de mora, mantendo os pronunciamentos condenatorios contidos na sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Lubiáns Tejedor Asociados, S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

O secretario xudicial