Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación dun servizo non suxeito a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a realización dun servizo de mantemento evolutivo da aplicación de orientación laboral do Servizo Público de Emprego de Galicia (expediente 2012.17.FC.A).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio administrativo de San Lázaro s/n. 15781 de Santiago de Compostela, ou na web www.contratosdegalicia.es

c) Teléfono: 981 54 01 13. Fax: 981 54 01 18. Caixa de correo: contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: servizo para a realización de mantemento evolutivo da aplicación de orientación laboral do Servizo Público de Emprego de Galicia.

3. Execución do contrato: o prazo de execución establécese nun ano, contado desde o asinamento do contrato.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Criterios de adxudicación: véxase a cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

6. Orzamento base de licitación: 87.927,96 euros máis 15.827,03 euros (IVE), resultando un total de 103.754,99 euros.

7. Valor estimado do contrato: 175.855,92 euros.

8. Garantías exixidas: definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

9. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación da empresa: só para os licitadores españois e extranxeiros non pertencentes á Unión Europea.

Grupo V: servizos de tecnoloxías da información e as comunicacións.

Subgrupo 2: servizos de desenvolvemento e mantemento de programas de ordenador.

Categoría A: anualidade media inferior a 150.000,00 euros.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase a cláusula 5.3.2. do PCAP.

10. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nas oficinas sitas nos edificios administrativos de San Lázaro ou San Caetano –Consellería de Traballo e Benestar–, en Santiago de Compostela (15781). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no PCAP.

11. Apertura de ofertas: a apertura do sobre número 2 terá lugar na sala de xuntas da consellería, situada no edificio administrativo de San Lázaro, s/n en Santiago de Compostela, o décimo día natural contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se trasladará ao primeiro día hábil seguinte.

Anunciarase no perfil do contratante e comunicaráselles aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre número 3.

12. Gastos de publicidade: 5,42 euros por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012.

Critistina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar