Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas as resolucións dos recursos de reposición ao procedemento de reintegro de axuda ao programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR341D 2009/43-2 e TR341D 2009/44-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, n.º 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 10 de maio de 2012.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: TR341D 2009/43-2.

Nome: Altagracia Suero Araújo.

DNI/NIF: X-6986752-L.

Último enderezo coñecido: rúa Otero Pedrayo, 24, 4.º C, 27003 Lugo.

Feito imputado: non realizar a atividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.a) da Orde do 30 de decembro de 2008; non realizar a atividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Contido da resolución: resolución do recurso de reposición ao procedemento de reintegro de axuda.

N.º de expediente: TR341D 2009/44-2.

Nome: Altagracia Suero Araújo.

DNI/NIF: X-6986752-L.

Último enderezo coñecido: rúa Otero Pedrayo, 24, 4.º C, 27003 Lugo.

Feito imputado: non realizar a atividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.a) da Orde do 30 de decembro de 2008; non realizar a atividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Contido da resolución: resolución de recurso de reposición ao procedemento de reintegro de axuda.