Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Mondariz e Covelo (expediente IN407A 2012/102-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: r/ Virxe da Luz, n.º 3 baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T.A.-L.M.T.S. O Couto-Piñoi.

Situación: Mondariz e Covelo.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 1.978 metros de lonxitude, con orixe no apoio 4ES01716 (n.º 12) da L.M.T. 14 Engasa, en Lougares (concello de Mondariz) e final no apoio 1, do cal continúa subterránea con condutor Hersatene R.H.Z.1 479 metros finalizando no C.T. existente Piñoi (concello de Covelo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda, 43-5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de maio de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra