Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2012/023).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T., C. Secc. Tratamientos Ecológicos (A Mina-Touro).

Situación: concello de Touro.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada 20 kV, cunha lonxitude de 0,132 km, en condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe en paso aéreo a soterrado a realizar no apoio existente tipo HV-14/400 (coordenadas UTM X:555.632, Y:4.747.285) da L.M.T. Millares-Quión (expediente IN407A 2002/247) e final no paso soterrado a aéreo que se realizará no mesmo apoio, facendo entrada e saída no centro de seccionamento Tratamientos Ecológicos proxectado.

– Centro de seccionamento prefabricado Tratamientos Ecológicos, tipo 3L, dentro do prefabricado con envolvente de formigón para centro de transformación obxecto doutro proxecto, no concello de Touro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña