Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21337

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dun taller de reparación de maquinaria agrícola neste concello.

José Luis Domínguez Mouro, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura dun taller de reparación de maquinaria agrícola, que se situará na avenida de Mourelle, s/n, de Santa Comba, parcela n.º 2.023 do catastro. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, coa fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Santa Comba, 16 de maio de 2012.

Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde