Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21336

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun almacén de materias sintéticas no polígono Río do Pozo deste concello.

Ron Curiel, S.L., solicitou da alcaldía licenza municipal para apertura dun almacén de materias sintéticas na nave 12-B, avda. Gonzalo Navarro, sector I, polígono Río do Pozo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 17 de abril de 2012.

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral