Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21338

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarreaus

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para a instalación temporal dunha planta dosificadora de formigón.

Valentín Vázquez González, en nome e representación de Hormigones Carral, S.L., solicita desta Alcaldía licenza municipal para a instalación temporal dunha planta dosificadora de formigón, que se situará na parcela n.º 594, polígono 506, da concentración parcelaria Codosedo-Bresmaus, Sarreaus.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días.

Sarreaus, 25 de maio de 2012.

Gumersindo Lamas Alvar
Alcalde