En sesión realizada o día 22 de maio de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 10 de maio de 2011 (DOG número 96, do 19 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG número 1, do 3 de xaneiro de 2011),
acordou:
Primeiro. Proceder á publicación da baremación definitiva da fase de concurso correspondente ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas. A relación das puntuacións obtidas polas aspirantes recóllense en anexo a esta resolución.
Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención á Cidadanía da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), das devanditas puntuacións.
Terceiro. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2012.
Eva María García Pérez
Presidenta do tribunal
Anexo
NIF |
Apelidos e nome |
Base II.2.1.a).1. |
Base II.2.1.a).2. |
Base II.2.1.b) |
Total |
76990792V |
Álvarez Figueroa, Sabino |
-- |
-- |
1,35 |
1,35 |
33322813E |
Arias López, María Yolanda |
29 |
-- |
7 |
36,00 |
44844797H |
Vizcaíno Cordido, Vanesa |
-- |
-- |
-- |
0,00 |