Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21255

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2012 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no primeiro cuadrimestre do ano 2012, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2012.

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello da Cultura Galega, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Sen dotación económica

24.1.2012

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a elaboración do dicionario da emigración galega a Cuba.

82.600,00 €

13.2.2012

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do estudo «Cartografías de mulleres: Tereixa Navaza».

41.300,00 €

13.2.2012

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do estudo «A lingua e a cultura galega nos medios de comunicación: o Centro Territorial de TVE en Galicia, 1971-1985».

41.300,00 €

13.2.2012

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega, Agadic e a Fundación Illa San Simón para a creación do laboratorio permanente das industrias culturais.

Sen dotación económica

28.2.2012

Acordo de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

5.000,00 €

6.3.2012

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega para a divulgación das exposicións «Luces de Alén Mar» e «Nos Mesmos» en España e América, e a realización dos estudos: «A Emigración galega a Europa» e «Novos retos do asociacionismo emigrante».

5.000,00 €

25.4.2012