Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21258

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 14 de maio de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na estrutura de Xestión Integrada de Ferrol.

De conformidade co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde (DOG n.º 199, do 15 de outubro), no artigo 121 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (DOG n.º 143, do 24 de xullo) e nos artigos 59 e 60 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo) de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en uso das atribucións conferidas a esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir na estrutura de xestión integrada de Ferrol, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Segundo. As retribucións fixas dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa normativa vixente sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica. As retribucións variables serán percibidas en función do cumprimento dos obxectivos previamente pactados para cada posto directivo cos órganos competentes do Servizo Galego de Saúde.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria poderán presentarse no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados deberán presentar, xunto co modelo de solicitude do anexo II, un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que nel aleguen.

Cuarto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderán declararse desertos os postos ofertados.

Quinto. Consonte cos artigos 59 e 60 do citado Decreto 206/2005, o vínculo da persoa seleccionada formalizarase nun nomeamento de carácter administrativo para o persoal estatutario ou funcionario con vínculo de fixeza ao servizo de calquera administración pública, pertencente ao grupo de clasificación que se corresponda co nivel académico que se require para cada posto directivo e que se especifica no anexo I. Noutro caso, nos supostos previstos nos citados artigos, a vinculación da persoa seleccionada poderá formalizarse mediante contrato laboral de alta dirección.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Consellería de Sanidade

ANEXO I

Denominación do posto: xerente de Xestión Integrada.

Titulación requirida: licenciado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Ferrol.

Denominación do posto: director/a de Procesos Asistenciais.

Titulación requirida: licenciado/a sanitario/a ou diplomado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Ferrol.

Denominación do posto: director/a de Recursos Humanos.

Titulación requirida: licenciado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Ferrol.

Denominación do posto: director/a de Procesos de Enfermaría.

Titulación requirida: diplomado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Ferrol.

Denominación do posto: director/a de Procesos con Ingreso.

Titulación requirida: licenciado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior

Localidade: Ferrol.

ANEXO II

Modelo de solicitude

DATOS PERSOAIS:

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Data de nacemento

Domicilio, rúa e n.º

Provincia

Localidade

Teléfono

NO CASO DE PRESTAR SERVIZOS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA:

Vínculo xurídico

Categoría profesional

Situación administrativa

Destino actual

SOLICITO:

Posto

Estrutura de Xestión Integrada de Ferrol

DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE