Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21136

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Peroxa

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para taller de reparación de vehículos.

Unha vez solicitada a licenza de actividade de taller de reparación de vehículos por Pedro Pérez Lorenzo, que se situará na rúa Centro de Saúde, 23 (A Peroxa), e sometida a avaliación de incidencia ambiental, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipales no horario ao público.

A Peroxa, 2 de maio de 2012.

Manuel Seoane Rodríguez
Alcalde