Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21137

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Piñor

EDICTO.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e por instancia de María Fernández Martínez, solicítase licenza para acondicionamento de nave para ampliación de cebadeiro de porcino, en Vilar, deste termo municipal de Piñor (Ourense).

O expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais e de luns a venres, de nove a catorce horas, por un período de vinte días hábiles, contados a partir da publicación deste edicto no DOG e no BOP de Ourense, para efectos das posibles alegacións ou reclamacións contra o mesmo.

Piñor, 4 de maio de 2012.

Francisco José Fraga Civeira
Alcalde