Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21135

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública.

Solicitada por Guillermo Martínez Ruíz, en representación de Casa Grande de Xanceda, S.A.T. licenza para a instalación de ampliación de taller artesanal de elaboración de iogur ecolóxico no lugar da Casa Grande, parroquia de Xanceda, no termo municipal de Mesía, en cumprimento do disposto no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no BOP, DOG e no taboleiro de anuncios deste concello, para que, quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer, poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

O expediente estará á disposición do público na Secretaría do concello, durante as horas de oficina.

Mesía, 16 de abril de 2012.

Mariano Iglesias Castro
Alcalde