Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2012 pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica L.M.T. e C.T. Milagros, 34 no concello de Maceda (expediente IN407A 2011/96-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2. 32960 Velle.

Denominación: L.M.T. e C.T. Milagros, 34.

Situación: Maceda.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 530 m con condutor R.H.Z.1. e orixe na L.M.T. ao C.T. estrada Milagres (32C561) e remate no C.T. rúa Pedroso (32CGRO) con entrada e saída no C.T. proxectado en edificio de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 25.118,92 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 8 de maio de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense