Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: L.M.T., C.T. Montealegre.
Situación: Ourense.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 155 m, condutor R.H.Z.1 e orixe na L.M.T. existente ao C.T. Rampa Antolín e remate no C.T. proxectado prefabricado fin de liña rural Montealegre de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 21.284,37 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial
RESOLVE:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.
Ourense, 8 de maio de 2012.
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense