Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza número 1222/2011, do 15 de decembro de 2011, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección 2.ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 15 de decembro de 2011, pronunciou a sentenza número 1222/2011, ditada nos procedementos ordinarios número 4249/2007 e 4038/2008, acumulados, interpostos por Mercedes Puente Fernández e Ramón Manuel Boo Franco, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que, rexeitando a alegación de inadmisibilidade formulada, estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Mercedes Puente Fernández e Ramón Manuel Boo Franco, contra as ordes da CPTOPT do 1 de marzo de 2007 e do 25 de outubro de 2007, sobre aprobación definitiva do PXOM do concello da Pobra do Caramiñal e, en consecuencia, anulamos as mencionadas resolucións única e exclusivamente en canto á clasificación do ámbito físico especificado no fundamento de dereito quinto desta sentenza e que debe ser considerado como solo urbano consolidado; con desestimación das restantes pretensións; sen facer especial condena en custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

M.ª Encarnación Díaz Rivas
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo