Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20913

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de contratación, mediante procedemento aberto, da redacción do proxecto e a execución das obras de demolición parcial e reconstrución dun edificio sito na avenida das Caldas, número 36 (antigo 54).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Infraestruturas.

2. Domicilio: praza do Trigo, n.º 2-3.º.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Teléfono: 988 26 93 33.

5. Fax: 988 22 14 94.

6. Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2201.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: redacción do proxecto e a execución das obras de demolición parcial e reconstrución do edificio sito na avenida das Caldas, número 36 (antigo 54).

c) Prazo de execución: redacción do proxecto: tres (3) meses; execución da obra: doce (12) meses.

d) CPV: 74200000 e 45110000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Proxecto: 45 puntos.

– Oferta económica: 40 puntos.

– Programa de traballos: 10 puntos.

– Prazo de execución: 5 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 499.000,00 euros. IVE: 89.820,00 euros. Importe total: 588.820,00 euros. Desagregado do seguinte modo:

Redacción do proxecto: 24.000,00 euros. IVE: 4.320,00 euros. Importe total: 28.320,00 euros.

Execución da obra: 475.000,00 euros. IVE: 85.500,00 euros. Importe total: 560.500,00 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5% do importe da adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación:

– Grupo C, subgrupo 1, categoría d).

– Grupo C, subgrupo 2, categoría d).

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 5 do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior, número 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: dous (2) meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, número 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 14 de maio de 2012.

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde