Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20912

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de cemiterio parroquial de San Xián de Beba en Beba.

Faise público que o Arcebispado de Santiago de Compostela solicitou licenza para desenvolver a actividade de ampliación do cemiterio parroquial de San Xián de Beba, en Beba, no ámbito de aplicación comprendido no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Presentada a solicitude e documentación anexa requirida pola normativa, e para os efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.

Deste xeito todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

Ademais, dado que o expediente para a ampliación do cemiterio debe obter a correspondente autorización sanitaria, o presente anuncio servirá igualmente para os efectos de cumprir o trámite de exposición publica a que se refire o artigo 52 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, de policía sanitaria mortuoria.

Mazaricos, 24 de maio de 2012.

José M. Santos Maneiro
Alcalde